Alternativas profesionais para unha Transición Enerxética Xusta: as Comunidades Enerxéticas

Cargando eventos

 

Este mércores día 22 de novembro, na Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía, participaremos nunha mesa redonda denominada “Alternativas profesionais para unha transición enerxética xusta: as Comunidades Enerxéticas” organizada por Enxeñería sen Fronteiras en colaboración coa Delegación de Alumnas.

Desde Amigas da Terra tentaremos dar a coñecer a figura de comunidade enerxética e analizaremos o seu potencial na democratización do modelo enerxético, especialmente nun territorio como Galicia cunha forte tradición na organización comunitaria.

Será Bruno Dutto, técnico da comunidade enerxética de Tameiga, quen achegue unha experiencia moito máis concreta e reflexionar, desde a súa propia traxectoria, sobre os contidos ou materias da carreira respecto ao enfoque de futuras profesionais cara unha xestión máis sustentable e social da enerxía.

 

Fagamos Nosa a Enerxía!!! Entre todas e para todas

Soberanía Enerxética Xa!!!!

 

Mércores, 22 de novembro, das 13:00 ás 14:00h

Salón de graos da Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía  >>>>

Campus das Lagoas-Marcosende, Vigo

Leave A Comment

Go to Top