Queres aprender as técnicas necesarias para facer as túas propios mobles?, manexar todas as ferramentas necesarias para iso?, coñecer os diferentes tipos de tratamentos naturais para protexer a madeira?
Desde As Corcerizas propoñémosche un fin de semana creativo e produtivo, tras o cal estarás capacitado para emprender a creación de calquera estrutura que precises na túa casa ou xardín.
DATAS: 18 e 19 de Xuño
HORARIOS: desde as 11:00h do Sábado ás 16:00h do Domingo.
PREZO: O prezo é libre. En función das túas posibilidades e do que recibiches, estableces o que consideres que é xusto.
INSCRIPCIÓNS: Para formalizar a túa inscrición deberás adiantar 10€ en concepto de reserva. Podes facelo tanto por transferencia bancaria ou en calquera das nosas oficinas de Ourense, Vigo ou nas Corcerizas.
DATA LÍMITE DE INSCRIPCIÓNS: Mércores 15 de Xuño
+INFO: info@ascorcerizas.com / 988 302 403


Leave A Comment