Amigos da Terra participa un ano máis en Terractiva

Cargando eventos

bancodesementes-15Terractiva é un festival de alternativas que celebrará a súa edición 2010 no concello de Arzúa (A Coruña).

Nesta proposta poderase acceder a xeitos de mellorar a nosa calidade de vida a través de obradorios formativos, ademais de contar igualmente con espazos de expresión artística e cultural e que, sobre todo loitan pola defensa da diversidade. É posible a defensa do medio ambiente desde a cultura, a arte e a solidariedade e así o entende esta proposta coa conxugación das producións culturais e o xeito de relacionarnos e interaccionar con nós e co medio.

Se queres participar en Terractiva xunto con Amigos da Terra ponte en contacto a través do número de teléfono 988.374.318 ou no correo electrónico info@amigasdaterra.net

Leave A Comment

Go to Top