Amigos da Terra e AGARESO inauguran a súa nova sede social na cidade de Vigo

Cargando eventos

Amigos da Terra e AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) inauguran mañá, sábado 9 de outubro ás 12.00 horas, a nova sede  social que compartirán na cidade de Vigo para acometer proxectos de solidariedade, comunicación, sensibilización e cooperación medioambiental e fomentar a presenza das dúas organizacións na cidade olívica.

O acto está aberto á cidadanía en xeral e contará coa presenza da delegada territorial da Xunta de Galicia, Dona Lucía Emilia Molares e do alcalde de Vigo, Don Abel Caballero.

Data:  Sábado, 9 de outubro de 2010

Lugar: Rúa Policarpo Sanz, 17, 1ºD

Hora: 12.00 horas

Leave A Comment

Go to Top