Actividades no albergue de As Corcerizas

Cargando eventos

albergue de As Corcerizas abre as súas portas co motivo da Ponte da Constitución para desfrutar do 3 ao 8 de decembro do encanto da serra no inverno. Ademais de presentarse como un espazo de relax e desfrute da natureza, constitúe unha boa opción para compartir uns días en boa compañía.

Para estes días e para que non deixes de moverte, ofertamos varias actividades:


  • Aproveita esta escapada para deixarte hipnotizar pola súa paisaxe e as maravillosas rutas que ofrece o entorno, tanto a pé coma en bicicleta:
  1. Ruta ao Bidueiral de Montederramo
  2. Ruta a Rebordechao
  3. Ruta a Teixeira
  • Ademais poderás desfrutar dunha visita guiada polo equipamento para coñecer  “in situ”  un proxecto que demostra a súa realidade, coñecendo o funcionamento da enerxías renovables, a bioconstrución e a xestión alternativa dos residuos.
  • Para rematar, propoñemoste que te relaxes no Balneario de Baños de Molgas, gozando das  propiedades terapeúticas das súas augas a través dunha ruta termal: toma de augas mineromedicinais, piscina con chorro, tratamento con barro.  Todo isto cun 15 % de desconto en tratamentos de auga.

Prezo por día 10 euros

Oferta especial: se ves todos os días da ponte te regalamos un!

10% de desconto por persoa se ves con acompañante!


Máis información e reservas: 988 374 318;  info@ascorcerizas.com

Leave A Comment

Go to Top