Amigas da Terra convídavos a participar nas actividades que se van levar a cabo este venres 23 de setembro en diferentes cidades de Galicia.
Consulta lugares e horas das actividades no cartaz e mobilízate!
Esta nova Acción Global, impulsada por Fridays for Future-Xuventude polo Clima e apoiada polo Movemento Galego polo Clima e outras organizacións civís
O lema da xornada é Democratización da enerxía. Por un territorio autosuficiente, e ademais de outras actividades que se farán ao longo da xornada, culminará coa saída ás rúas ás 20:00 horas nas diferentes cidades.
As solucións fronte a emerxencia climática deben ir máis alá de unha redución de emisións a través da descarbonización da economía. A transición enerxética cara enerxías renovables, por si soa non é suficiente nin xusta. É necesario abordala con medidas que promovan a democracia e a xustiza ecolóxica, social e de xénero. A enerxía deberá ser renovable, pero tamén comunitaria, e integrada nun novo modelo enerxético descentralizado, distribuído e xusto social e ambientalmente.
Precisamos Xustiza Climática!
Soberanía Enerxética Xa!


Leave A Comment