Amigas da Terra convídavos a participar na manifestación O Pobo Galego unido contra a depredación enerxética
CANDO? este domingo, 25 de setembro ás 12:00h
ONDE? Delegación do Goberno de A Coruña, praza Ourense, 11 >>>>
ORGANIZA: Foi polo Vento, colectivos organizacións e movementos sociais de A Coruña e comarca
Que enerxía queremos? Macrorenovables que invaden aldeas e montes e que baleiran o rural? Alternativas xustas xa!
As solucións fronte a emerxencia climática deben ir máis alá de unha redución de emisións a través da descarbonización da economía. A transición enerxética cara enerxías renovables, por si soa non é suficiente nin xusta. É necesario abordala con medidas que promovan a democracia e a xustiza ecolóxica, social e de xénero. A enerxía deberá ser renovable, pero tamén comunitaria, e integrada nun novo modelo enerxético descentralizado, distribuído e xusto social e ambientalmente
Precisamos Xustiza Climática!
Fagamos nosa a enerxía!


Leave A Comment