Integrantes da Rede de Avogados para a Defensa Ambiental (RADA), da que forma parte a asesora xurídica de Amigos da Terra, vanse reunir en As Corcerizas. A xuntanza responde a un dobre obxectivo: por un lado, marcar as estratexias de traballo no tocante á protección legal do medio ambiente e, polo outro, presentar un espazo natural privilexiado do Macizo Central ourensano a través dunhas instalacións bioclimáticas e arquitectonicamente sustentables.
A Rede está integrada por 50 avogados e asesores xurídicos cuxa procedencia ven de distintas autonomías do Estado. A creación desta Rede, que xa cumpre dous anos, responde á necesidade de achegar o eido legal á cidadanía e á propia administración. Traballando en Rede se conectan os problemas ambientais das distintas Comunidades autónomas e se da unha solución global aínda que atendendo ás peculiaridades normativas de cada rexión.

Leave A Comment