Angel Dorrío

About Angel Dorrío

Somos unha asociación ecoloxista que ten como misión o fomento do cambio local e global cara a unha sociedade máis respectuosa co medio ambiente, xusta e solidaria.

Instamos ao ministro de Cultura a protexer o Patrimonio Mundial do “Camiño francés” fronte ao proxecto da macrocelulosa na Ulloa

Amigas da Terra, Ecoloxistas en Acción, Greenpeace, o Sindicato Labrego Galego e a Plataforma Ulloa Viva remitiron unha carta ao ministro Ernest Urtasun, alertando das graves afectacións que tería a celulosa de Altri-Greenfiber no Camiño Francés, no Camiño Primitivo e na Ruta Eurovelo 3. Na carta incluíron un informe que repasa polo miúdo os principais impactos […]

By |2024-05-09T12:50:32+02:009 de Maio, 2024|Novas de Biodiversidade|Comentarios desactivados en Instamos ao ministro de Cultura a protexer o Patrimonio Mundial do “Camiño francés” fronte ao proxecto da macrocelulosa na Ulloa

Alertamos ao ministro Luis Planas do grave impacto da macrocelulosa de Altri nos sectores primarios galegos

Amigas da Terra, Ecoloxistas en Acción, Greenpeace, Sindicato Labrego Galego e a plataforma Ulloa Viva envían unha carta ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas Puchades, alertando das afectacións da planta e pedíndolle que presione para que se lle neguen cartos públicos. Na carta inclúen un informe adxunto que repasa polo miúdo os […]

By |2024-05-02T11:52:14+02:002 de Maio, 2024|Novas de Biodiversidade|Comentarios desactivados en Alertamos ao ministro Luis Planas do grave impacto da macrocelulosa de Altri nos sectores primarios galegos

O Día da Terra reivindicamos a necesidade de levar a restauración de ecosistemas aos espazos agrarios

No Día da Terra, celebrado no Decenio das Nacións Unidas para a Restauración de Ecosistemas, defendemos a agroecoloxía como método de rexeneración.

Recalcamos que a restauración de ecosistemas non debe centrarse só na rexeneración dos bosques ou doutros ecosistemas naturais, senón tamén en zonas agrícolas ou urbanas.

A agroecoloxía é unha […]

By |2024-04-22T10:57:12+02:0022 de Abril, 2024|Novas de Biodiversidade|Comentarios desactivados en O Día da Terra reivindicamos a necesidade de levar a restauración de ecosistemas aos espazos agrarios

A regulación de eólica mariña avanza na dirección correcta pero é insuficiente para a conservación do mar e a participación social

Amigos da Terra, Ecoloxistas en Acción, Greenpeace, SEO/BirdLife e WWF solicitamos ter o seu lugar na nova mesa de traballo na que se negociará con todos os sectores interesados a implantación da eólica mariña en España.

  • Insistimos en aumentar o peso dos criterios ambientais ata o 50% e os sociais ao 25%, e solicitaremos […]
By |2024-04-19T23:19:26+02:0019 de Abril, 2024|Novas de Clima e Enerxía|Comentarios desactivados en A regulación de eólica mariña avanza na dirección correcta pero é insuficiente para a conservación do mar e a participación social

Organizacións ecoloxistas solicitan á Unión Europea que non financie a macrocelulosa de Altri

Amigas da Terra, Ecoloxistas en Acción e Greenpeace reuníronse en Bruxelas con representantes de partidos políticos para alertar do grave impacto socioambiental que carrexaría a macrocelulosa de Palas de Rei.

As organizacións ecoloxistas informaron tamén das consecuencias ambientais deste proxecto ás comisarias europeas do Grupo de Traballo de Recuperación e Resiliencia.

As tres ONGs presentaron alegacións conxuntas […]

By |2024-04-18T23:28:14+02:0018 de Abril, 2024|Novas de Clima e Enerxía, Novas de Recursos Naturais e Residuos|Comentarios desactivados en Organizacións ecoloxistas solicitan á Unión Europea que non financie a macrocelulosa de Altri
Go to Top