No Día da Terra, celebrado no Decenio das Nacións Unidas para a Restauración de Ecosistemas, defendemos a agroecoloxía como método de rexeneración.

Recalcamos que a restauración de ecosistemas non debe centrarse só na rexeneración dos bosques ou doutros ecosistemas naturais, senón tamén en zonas agrícolas ou urbanas.

A agroecoloxía é unha aliada para favorecer o coidado dos ecosistemas agrarios e aumentar a biodiversidade nestas zonas afectadas polas actividades humanas.

O 30% das especies de animais vertebrados están ameazadas e os insectos extínguense 8 veces máis rápido que os grupos de vertebrados.

Con motivo do Día da Terra, 22 de abril, celebrado no marco do Decenio da ONU para a Restauración de Ecosistemas, Amigos da Terra reclamamos unha transición agroecológica xusta que integre a protección da biodiversidade e a súa restauración.

As causas da perda de biodiversidade a nivel global son diversas e están interrelacionadas, pero a agricultura industrial é unha das principais responsables da degradación de chans, así como da perda de biodiversidade, especialmente debido á deforestación, o uso de tóxicos e a emisión de gases de efecto invernadoiro que conleva. Neste sentido, recalcamos que o coidado da natureza e o cultivo de alimentos poden ir da man, e garantir a alimentación da poboación, a través de métodos agroecológicos e da restauración dos ecosistemas agrarios.

Sinalamos que a restauración de ecosistemas enténdese en gran parte dos casos como a rexeneración de zonas forestais, cando é vital centrar esforzos tamén na restauración doutro tipo de espazos cun alto nivel de degradación como son os campos de cultivo que practicamente perderon a totalidade da biodiversidade que lles caracterizaba. De feito estímase que, a finais de século, desaparecerán máis do 40% dos insectos a pesar de que o 70% dos cultivos para alimentación necesitan da polinización.

Demandamos a rexeneración destes espazos e a protección da biodiversidade a través da agroecología, de tal forma que o cultivo de alimentos non poña en perigo ao resto de seres vivos, senón que os coide e utilice como aliados, á vez que é capaz de alimentar ao mundo actual dunha forma saudable, socialmente xusta e sen comprometer a seguridade alimentaria das xeracións futuras.

Esta década é clave para a restauración da natureza tal e como sinala a ONU: o período actual caracterízase por un declive da biodiversidade tan alarmante que desde hai anos fálase de “Sexta extinción masiva”. A taxa de extinción de especies é aproximadamente 1.000 veces máis rápida que a que se daría de forma natural, e todos os motores de destrución ambiental están a empeorar as súas tendencias. O 30% das especies de animais vertebrados están ameazadas e os insectos extínguense 8 veces máis rápido que os grupos de vertebrados, o que esixe unha acción rápida para reverter a situación.

A restauración ecolóxica estratéxica en campos agrícolas, a través de medidas como a recuperación de sebes vivos nas lindes das leiras, ou a creación de charcas para especies estacionais, permítenos compartir a terra devolvendo espazo á vida, pero tamén xerando beneficios para os propios cultivos, a través do fomento da polinización, o control biolóxico de pragas, ou a retención de contaminantes.

A agroecología xoga un papel fundamental na produción de alimentos dunha maneira respectuosa coa biodiversidade, a rexeneración dos chans e a conservación dos recursos naturais, como a auga. É hora de que as administracións públicas implementen políticas agroalimentarias que a asuman como eixo central. Non hai alternativa posible nin contamos xa con tempo extra para demoralo máis.

É necesario garantir unha transición agroecológica xusta para os traballadores e traballadoras do campo, para as persoas consumidoras e para reverter o dano xerado aos ecosistemas.