Comeza VERANeARTE 2012, actividades de verán no casco vello de Ourense

Cargando eventos

cartaz_VERANeARTE_2012

O colectivo EsCuA, do que Amigos da Terra forma parte, convídavos a participar na inauguración da campaña de actividades VERÁNeARTE 2012 na cidade de Ourense

Baixo o título VERÁNeARTE 2012, o programa conta cunha ampla variedade de actividades como teatro, cine, música, danza, obradoiros, roteiros, contos, unha bicicletada e ata un sorprendente festival. Cabe destacar que todas elas son abertas e gratuítas, e a súa variedade é un reflexo da diversidade de asociacións e colectivos que conforman este espazo.

O programa de actividades comeza este luns ás 20:30 horas na Praza de San Marcial, cunha Performance de Trécola Teatro e continuará coa proxección, ás 22:30 horas, da película “Demasiado grande para caer”, un filme sobre a crise económica dirixido por Curtis Hanson no ano 2008.

Este será  o comezo dun amplo abano de propostas culturais que se vai prolongar durante os meses de xullo e agosto con actos en distintos espazos do casco histórico. 

Para consultar o programa en detalle pincha na imaxe

Leave A Comment

Go to Top