Amigos da Terra organiza para este domingo 14 de novembro a III Xornada de Micoloxía e Boas Prácticas no Monte, que terá lugar no Centro de Educación Ambiental As Corcerizas. A actividade dará comezo ás 11.00 horas.
Nesta ocasión, contaremos coa colaboración de Juan José Martínez Álvarez, profesional da materia e presidente da asociación micolóxica “Os Cogordos”.
Por outra banda, o albergue de As Corcerizas estará dispoñible para todas as persoas que estean interesados/as en comezar a disfrutar antes da xornada micolóxica e do encanto da serra, co roteiro interpretativo ao Bidueiral de Montederramo e o posterior magosto que se celebrará o sábado 13 de novembro. Ao longo desta xornada, ademais da interpretación dos ecosistemas que acubilla a Serra, realizarase un obradoiro de cartografía-orientación e plantaranse árbores nunha zona degradada.

Leave A Comment