ENCONTRO SOBRE A MINA DE TOURO – O PINO
O vindeiro sábado 27 de abril estaremos en Touro para coñecer de cerca a plataforma contra a Mina Touro O Pino, a súa loita, os efectos da minería no noso territorio pero tamén alternativas como as que presentaremos no “Informe para la Transición Energética y Digital en España: Demanda, Reciclaje y Medidas de ahorro”
Programa
- 10.30 – 11.00: Recibimento e benvida (Salón Parroquial de Touro)
- 11.00 -11.45: Presentación da plataforma (historia da loita, presente e futuras ameazas) e contexto socio-político da mina
- 11.45 – 13.45: Visita guiada ás zonas “restauradas” da mina (6km ida e volta)
- 14.00-15.00: Xantar (Salón parroquial)
- 15.00-15-30: Descanso/Paseo
- 15.30-17.00: Presentación do “Informe para la Transición Energética y Digital en España: Demanda, Reciclaje y Medidas de ahorro” e conversas sobre o tema
- 17.00-Endiante: Foliada de Melide
Recoméndase leva roupa e zapatos cómodos
Inscricións aquí>> (data límite 25 de Abril)
Os custes asociados a transporte e manutención serán cubertos por Amigas da Terra


Leave A Comment