No noso traballando apoiando as persoas campesiñas na súa loita en defensa e sostén da vida, conmemoraremos o Día internacional das Loitas Campesiñas organizando unha xornada de traballo comunitario o 13 de Abril en Vilar (Negueira de Muñiz)
Durante a xornada coñeceremos o fantástico proxecto Ribeiregas, desfrutaremos do que fan e axudaremos ó seu traballo preparando o terreo, facendo peches vexetais, controlando pragas e xestionando diversos recursos naturais como madeira e abono
Financiarase transporte, manutención e aloxamento.
Impresindible inscrición
Programa
Sábado 13
13:00 h: Benvida en Vilar (Negueira de Muñiz)
13:30 h: Xantar e presentación do proxecto Ribeiregas
15:00 h: Inicio do traballo comunitario: preparación do terreo, peche vexetal, control de pragas e xestión da madeira e abono.
21:00 h: Cea e/ou despedida
Domingo 14
9:00 h: Almorzo
11:00 h: Despedida
Recoméndase levar:
– Roupa cómoda para traballar no campo
– Zapatos ou botas de auga
– Roupa de abrigo (noite)
– Luvas
– Saco (esterilla opcional)
– Toalla de ducha
– Frontais ou móbil con lanterna
Hai límite de prazas, así que se vos interesa bulide e inscribídevos antes de que se esgoten!
Animádevos a desfrutar da convivencia e contribuir á defensa da terra, do alimento e da comunidade!


Leave A Comment