
Amigas da Terra convídavos a participar na IV manifestación nacional
O POBO GALEGO UNIDO CONTRA A DEPREDACIÓN ENERXÉTICA
AS CIDADES E O RURAL XUNTAS CONTRA O CAPITAL
CANDO? o domingo, 26 de novembro ás 12:30h
ONDE? Saída desde o Peirao de Curuxeiras e chegada á Praza de Amada García (edificio da Xunta) en Ferrol
CONVOCA: Vento Mareiro
Un desenvolvemento capitalista terriblemente desigual no social, no xeográfico e no ecolóxico, no que se xeran zonas de sacrificio entre diferentes estados e tamén dentro dos mesmos, e no que as empresas, da man da Administración, entran no territorio e impoñen un modo de produción e reprodución social no que pouco teñen que dicir as súas moradoras.
Seguindo o ronsel de @FoiPoloVento, @VeuPoloAire e de @UnVentoVén, así como de tantas compañeiras que loitan, sairemos á rúa en Ferrol para berrar que as cidades e o rural loitamos tamén contra a depredación enerxética no mar.
Non é unha transición ecolóxica, é a destrución dos ecosistemas pesqueiros e mariños en beneficio do oligopolio da electricidade e dos especuladores estranxeiros? Alén dos muíños, instalaranse liñas de alta tensión subacuáticas e terrestres con corredores de até 100m de largura que tronzarán aldeas, quintas e paisaxes.
Vento Mareiro convoca a toda Galiza a manifestarse na defensa da terra e do mar.
Desde A Coruña pódese ir de barco, inscribíndose aquí >>>>
Adhesións: ventomareiro@gmail.com
Máis información e actividades previas >>>>

Leave A Comment