Faladoiro Comunidades Enerxéticas

Cargando eventos

 

Gustaríache deixar de depender dun oligopolio enerxético que nos estafa? Queres pagar un prezo xusto pola electricidade? Outro modelo enerxético é posible e ti podes contribuir a poñelo en marcha!

A enerxía comunitaria é unha alternativa democrática, sostible e descentralizada, imprescincible para unha transición enerxética xusta social e ambientalmente. Desde a aprobación da nova lexislación europea para a enerxía comunitaria renovable a finais de 2018, a revolución enerxética está a gañar forza en toda Europa.

Para reflexionar xuntas sobre este tema, e en colaboración co Concello de Covelo,  dende Amigas da Terra organizamos un faladoiro no que contaremos coa participación de Fernando Malvar, da Cooperativa Enerxética de Buchabade e de José Eiras, traballador e socio de Nosa Enerxía.

Non o perdas!

Fagamos Nosa a Enerxía!!!

Soberanía Enerxética Xa!!!!

 

Venres 17 de marzo, ás 18:00 h

Auditorio Municipal de Covelo

Pontevedra (localización >>>)

 

Leave A Comment

Go to Top