Faladoiro: Comunidades Enerxéticas

Cargando eventos

Gustaríache decidir sobre o modelo enerxético na túa vila? Queres pagar un prezo xusto pola electricidade? Outro modelo enerxético é posible e ti podes contribuir a poñelo en marcha!

A enerxía comunitaria é unha alternativa democrática, sostible e descentralizada, imprescincible para unha transición enerxética xusta social e ambientalmente. Desde a aprobación da nova lexislación europea para a enerxía comunitaria renovable a finais de 2018, a revolución enerxética está a gañar forza en toda Europa. Galicia non debe quedar atrás, e menos contando coa presenza de comunidades de montes que poden axudar a impulsar estas novas figuras no sector enerxético.

Para reflexionar xuntas sobre este tema, e convidadas polo Colectivo do Vento de Campo Lameiro,  dende Amigas da Terra participamos neste faladoiro xunto con Fernando Malvar, da Cooperativa Enerxética de Buchabade e Xosé Manuel Vilas, asesor de proxectos de comunidades enerxéticas.

Fagamos nosa a enerxía!

Enerxía por e para as persoas!!

Soberanía Enerxética Xa!!!

Sábado 22 de outubro, ás 12:00 h

Centro Sociocultural Sobrino Buhigas

C/ Bernardo Sagasta, nº 37, A Lagoa; Campo Lameiro, Pontevedra (localización >>>)

 

Leave A Comment

Go to Top