Este sábado 1 de outubro Amigas da Terra participará nas 2ª Xornada temática da Alternativa Veciñal de Antas de Ulla para falar das Comunidades Enerxéticas, unha ferramenta para a gobernanza democrática da enerxía e para unha transición enerxética xusta e sostible social e ambientalmente.
Compartiremos mesa redonda e faladoiro con Jaime Izquierdo, Sindicato Labrego Galego, Pazo de Vilane, Sen máis, Afectadas Liña Alta Tensión do Maxal- Observatorio Enerxético de Chantada, para explorar alternativas e propostas para o rural galego que axuden a acadar a soberanía enerxética e alimentaria



Leave A Comment