Visita TrasDeza Natur (Silleda)

Cargando eventos

Visita ao proxecto agroecolóxico Trasdeza Natur situado en Silleda. Consta dunha horta ecolóxica e como elemento innovador a transformación dalgún desos produtos frescos en aperitivos deshidratados, conservas e especias.

Posúen un deshidratador solar froito dun proxecto de investigación xunto ca USC que lle  permite manter todas as súas propiedades organolépticas.

  • Cando? sábado 3 de abril de 11:00 a 13:00
  • Donde? Lugar de Cardigonde 38, Cortegada. Silleda (Localización aquí>> )

Posibilidade de compartir vehículos. Haberá becas de desprazamento.

É necesaria a inscrición no seguinte formulario>>

Despois da visita quedaremos a xantar de picnic pola zona con zonas a cuberto en caso de choiva. E pola tarde hai posibilidade de unirte ao encontro de defensoras da terra, máis información aquí>>

 

 

 

 

Leave A Comment

Go to Top