A actividade consiste en facer un percorrido polas praias de Alcabre para recoller lixo mariño. Aquí>> o percorrido.
O obxectivo é reflexionar sobre a incidencia dos residuos nos océanos, analizar a recollida e envorcar os datos nunha plataforma, MARNOBA para recoller, almacenar e visualizar facilmente información sobre o lixo mariño.
Para finalizar a actividade visitaremos a exposición “Crebas ” no Museo do Mar
- 10:00 Quedada no aparcadoiro da Igrexa de Alcabre (aprox. av. Atlantida 114)
Hai parada de bus (l0, 15B e 15C)
- 11:00 Recollida nas praias
- 12:30 Caracterización lixo
- 13:00 Visita ao Museo do Mar


Leave A Comment