Acción Global polo Clima 19 de Marzo

Cargando eventos

Dende Amigos da Terra sumámonos ás mobilizacións globais convocadas por “Juventud por el Clima” o 19 de marzo.

No medio das diversas crises de saúde pública, sociopolíticas e económicas que o mundo segue enfrontando, activistas polo clima prepáranse para a próxima gran acción climática mundial o 19 de marzo. Un encontro para esixir aos líderes mundiais medidas inmediatas, concretas e ambiciosas en resposta á actual crise climática.

Necesitamos medidas urxentes. Desde os incendios forestais que afectaron a partes de Australia, América do Norte e América Latina, ata as secas en África, e as tormentas que devastaron América Central e o Sueste Asiático, o mundo estanos mandando sinais claros.

“A ciencia é moi clara: o cambio climático está impulsando os desastres naturais ao facer que estes eventos sexan máis fortes, máis intensos, máis frecuentes e, polo tanto, máis destrutivos”, declaran portavoces de FFF e recordan “pasaron cinco anos desde que se asinou o Acordo de París e tres anos desde que se deu a coñecer publicamente o alarmante informe do Grupo Intergobernamental de Expertos sobre o Cambio Climático (IPCC)”, insisten. “Numerosos países de todo o mundo comprometéronse a promesas aparentemente ambiciosas sobre o logro de emisións ‘net-zero’ – cero neto-. As promesas baleiras como estas poden ser un fenómeno moi perigoso, porque dan a impresión de que se están adoptando medidas suficientes, pero en realidade non é así, xa que estes obxectivos están cheos de lagoas, contabilidade creativa e supostos pouco científicos”.

Desde fai máis de dous anos, mozos activistas de todo o mundo estiveron facendo folgas e tomando as rúas para esixir xustiza climática. Agora, coa pandemia COVID-19, as accións tomarán diferentes formas en diferentes lugares, pero o seu chamado #Nonmaispromesasbalerias  #Nomaspromesasvacias #NoMoreEmptyPromises está unindo á xente máis aló das fronteiras baixo o mesmo obxectivo de acción climática inmediata.

Actúa este 19 de marzo

En Galicia dende o Movemento Galego polo clima están convocadas diversas accións para este 19 de Marzo en diferentes localidades.

 

 

Leave A Comment

Go to Top