A Oficina Municipal de Voluntariado e de Participación Cidadá do Concello de Vigo e Amigos da Terra presentan as XORNADAS ITINERANTES XURÍDICO-AMBIENTAIS: Vigo, Santiago de Compostela e Lugo
Amigos da Terra anuncia a celebración dunhas xornadas prácticas sobre medio ambiente e legalidade:como protexer o medio ambiente coa lei na man.
Estas xornadas están pensadas para todos/as aqueles/as que non teñen coñecementos sobre lexislación e medio ambiente e para todos/as aqueles/as socios/as, colaboradores/as, voluntarios/as ou achegados/as á asociación e sensibilizados coa protección do medio ambiente.
Como aplicar na vida cotiá de todos/as nós a lexislación ambiental sen pensar que o descoñecemento da linguaxe xurídica sexa unha traba para non interceder ante unha agresión ambiental.
Con estas xornadas convertirémonos en ecovixías e defenderemos o medio ambiente “coa lei na man”.
DATAS:
13 de novembro ás 13h. en Lugo (Facultade de Humanidades. Campus de Lugo)
20 de novembro ás 19h. en Vigo (Sala de Formación. Planta 2ª)
17 de novembro ás 16h. en Santiago de Compostela (Biblioteca Pública Ánxel Casal. Sala B)
LUGAR de CELEBRACIÓN:
Lugo – Facultade de Humanidades. Campus de Lugo
Vigo – Centro Cívico Casco Vello (Sala de Formación. Planta 2ª)
Santiago de Compostela – Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal (Sala B)
PROGRAMA:
Parte I
Nacemento do Dereito Ambiental. Lexislación
Parte II
Mecanismos de denuncia. Órganos administrativos competentes
Parte III
O Convenio de Aarhus. Nacemento da RADA- Rede de Avogados para a Defensa Ambiental.
Parte IV
Casos prácticos: infraccións administrativas, delitos ecolóxicos, alegacións, petición de información ambiental.
Inscrición de balde
Remate prazo inscrición: 18 de novembro
“A protección do medio ambiente dende o eido xurídico, é o resultado do arduo traballo que Amigos da Terra ven desenvolvendo dende os seus comezos. É importante saber que lexislación protexe o entorno ecolóxico e que medidas tomar ante unha infracción ou un delito ecolóxico”.
Interven activamente na protección do medio ambiente, esperámoste na xornada da túa localidade!
Apúntate xa no correo xuridico@amigasdaterra.net ou chamando ao 988.374.318 (Montse Valencia).
NOTA.: O lugar de impartición, pode verse sometido a modificacións por causas alleas a Amigos da Terra. Notificarase o cambio de sala de ser o caso.

Leave A Comment