Xornada en Solidaridade coas árbores e Andaina Interpretativa Trandeiras-Bon Xesús da Limia-Castelo de Porteliña da Pena

Cargando eventos

Organizado pola asociación Amigas das arbores da Limia e coa cal colaboramos, invitamosvos a participar nunha xornada solidaria en defensa das árbores

DÍA: Sabado 30 de decembro

Encontro ás 12:00 horas en Xinzo de Limia a carón dos “plátanos” da Avda. de Celanova

XANTAR-Xornada de convivencia: 14:30 horas no Mosteiro do Bon Xesús da Limia

SAÍDA ANDAINA as 15:30 horas

PERCORRIDO: 13 quilómetros ( dificultade baixa)

O roteiro lévanos por un dos mellores miradoiros do Val do Limia, Trandeiras, A Medorra,  Penedo da Moura, O Castelo, Torre de Porteliña da Pena, Soutelo, Mosteiro do Bon Xesús…

Obradoiro de orientación-cartografía con xogo de pistas. Sorteo de agasallos ao remate da xornada e algunha que outra sorpresa máis.

Animádevos e apúntadevos poñéndovos en contacto avisandonos antes do mediodia do 29 de decembro en ITACA (Xinzo da Limia) 617122397; Casa do Mosteiro (Trandeiras) 635 440703;
Amigos da Terra no 988 374318 ou  no mail voluntariado.galicia@amigasdaterra.net ou no 657 185348.

Prezo das actividades máis xantar 7 Euros. O diñeiro recadado vai destinado a merca de árbores para plantar nas zonas calcinadas da Serra de San Mamede e do Larouco e a unha organización humanitaria

ORGANIZA: Amigas das Árbores da Limia
COLABORAN: veciños e veciñas de Trandeiras e Soutelo, ITACA Tenda Ecolóxica, Casa do Mosteiro de Trandeiras, Panadería Outurelo, Amigos da Terra

Leave A Comment

Go to Top