Dende Amigos da Terra xunto ca Comunidade de Montes en Man Común de Tourón (Melón) continuamos coas accións DESEUCALIPTIZADORAS, que xa realizamos o mes pasado.
Unha vez mais estaremos realizando accións de arrincado e/ou eliminación dos montes especies exóticas invasoras como o eucalipto, as acacias ou mimosas, entre outras. A través destas accións preténdese visibilizar que existe unha gran parte da sociedade que rexeita o modelo forestal actual e polo que segue a apostar o goberno da Xunta, e a vontade de procurar entre todas un monte diverso, multifuncional e sostible no que estea desterrado o monocultivo de eucalipto e a presenza doutras especies invasoras.
Así que continuaremos na mesma zona onde xa estivemos elimiando eucaliptos, mimosas e outras prantas invasoras en Tourón (Melón) o vindeiro domingo 14 de xullo de 10:00 a 14:30 horas (aproximadamente).
Polo tanto, como sempre, se estás interesada en botar unha man é necesario inscribirse no seguinte formulario (antes do vernes ao mediodía) >>>> [1]
Para poder coordinar a actividade o formulario pecharase o venres 12 ao mediodía, e unha vez saibamos quen pode ir e como, se vos contactará para coordinar os desprazamentos e a actividade.

Leave A Comment