Dentro da Escola de Activismo do programa de Iniciativa Xove organizamos unha actividade de voluntariado ambiental que consistirá:
-
eliminación de plantas exóticas invasoras
-
mellora das condicións dunha planta ameazada
-
recollida de lixo
-
realización de actividades divulgativas e de sensibilización sobre o litoral
Estas actividades matinais de voluntariado (de 11 a 14:00 horas) estarán guiadas por un educador ambiental e Amigos da Terra e complementaranse con roteiros ambientais durante a tarde (16:00 horas) só para este voluntariado, coa finalidade de agradecer o seu traballo e aumentar a súa sensibilización na conservación do espazo.
As persoas interesadas deben ser maiores de idade e inscribirse neste formulario antes do xoves 8 aportando os seus datos xa que o aforo é limitado.


Leave A Comment