Volveremos a Tourón (Melón) o vindeiro domingo 7 de abril de 10:30 a 14:30 horas (aproximadamente) para continuar plantando frondosas no monte e sementes de bidueiros.
Esta actividade faise en colaboración coa Asociación Vergasta
Punto de encontro: Aparcamento de Tourón
Polo tanto, se estás interesada en botar unha man é necesario inscribirse para esta acción concreta no seguinte formulario.*
Para poder coordinar a actividade o formulario pecharase o venres 5 ao mediodía, e unha vez saibamos quen pode ir e como, se vos contactará para coordinar os desprazamentos e a actividade.
https://forms.gle/YAnwkCfheN9Y58EX7


Leave A Comment