Habitar o territorio: repoboación, xestión do territorio e restauración ecosocial
Xornada para visitar os montes veciñais en man común de Tronceda e da Serra de Mazaira en Castro Caldelas, Ourense
Ademais de coñecer a historia do territorio e da repoboación do pobo autoxestionado de Tronceda, veremos as zonas afectadas polos incendios, como se repoboaron e que tipo de silvicultura están aplicando.
No monte da serra de Mazaira coñeceremos as iniciativas de restauración ambiental e a creación de espazos biodiversos como a micorresinación.
Ademais teremos tempo para debates, conversas e reflexións da man das xuntas directivas de ambos montes.
Os custes de manutención e transporte son asumidos pola organización
Imprescindible inscrición previa ata xoves 7 ás 14h no formulario: https://forms.gle/3dcWQN1Prdm8JMMk9
Proxecto financiado a cargo da asignación do 0,7 % do IRPF da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia
Leave A Comment