VII Xornadas de Agroecoloxía en Ourense

Cargando eventos

Tras un parón de tres anos este ano retomamos a posta en marcha das VII Xornadas de Agroecoloxía de Ourense.

Amigos da Terra, xunto cos colectivos A Galleira, Cineclub Padre Feijoo, Semente, Sustinea e Xurumelas. Entre o 3 e o 9 de abril teremos visitas a produtoras, palestras informativas, obradoiros, petiscadas e concertos, no cartel podedes ver o resumo de todas as actividades.

Hoxe, ás 20:00h, no local de A Galleira (Hernán Cortés 59), este colectivo traerá a Manuel Dacal da FRUGA – Federación Rural Galega – para falarnos das implicacións do Tratado de Libre Comercio que a Unión Europea está a negociar cos EUA, nun relatorio titulado “Soberanía alimentaria: a ameaza do TTIP para Galiza”.

Tamén en A Galleira terá lugar o remate da xornada, cunha foliada na que poderemos gozar coa música de “Os Mamuxos” 

160403 09 VII Xornadas Agroecoloxia Ourense

Leave A Comment

Go to Top