VII Xornadas de Agroecoloxía en Ourense

Cargando eventos

Tras un parón de tres anos este ano retomamos a posta en marcha das VII Xornadas de Agroecoloxía de Ourense. Amigos da Terra, xunto cos colectivos A Galleira, Cineclub Padre Feijoo, Semente, Sustinea e Xurumelas. Entre o 3 e o 9 de abril teremos visitas a produtoras, palestras informativas, obradoiros, petiscadas e concertos, no cartel podedes ver o resumo de todas as actividades.

Hoxe, ás 20:30h, no salón de actos da Biblioteca Pública (Concello, 11), o Cineclub Padre Feijoo proxectará o documental “Isto o cambia todo”, que trata sobre as fatais consecuencias do cambio climático no noso planeta, a través de varios exemplos en diferentes países nos que a actividade humana, sempre promovida polos que fan  negocio cos recursos comunais da natureza, está a desestabilizar o clima e o equilibrio natural de forma irreversible, en especial nas últimas décadas. Sen embargo, ao longo do filme vaise construíndo unha idea controvertida e emocionante: que podemos aproveitar a crise existencial do cambio climático para transformar o noso sistema económico que fracasou para convertelo en algo radicalmente mellor.

Escrito e narrado pola xornalista e investigadora canadense Naomi Klein, recoñecida activista que saltou á fama polo seu libro “Non logo”, no que arremetía contra as grandes corporacións, e co que se converteu nunha personaxe moi influente do movemento antiglobalización.

160403 09 VII Xornadas Agroecoloxia Ourense

Leave A Comment

Go to Top