Trocofest: Espazo comunitario para o troco e reparación de roupa

Cargando eventos

Tes roupa no armario que non usas e non sabes que facer con ela?

Es unha fashion victim, mais tamén es anticapitalista?

Ven ao Trocofest e renova o teu armario sen pasar por caixa!

⌛️ Cando? Venres 12 de xuño de 17 a 20.30h 📍

Onde? A Revolteira (rúa Falperra, 13), A Coruña

 Trae a roupa que non precises, en bo estado, e colócaa nos espazos habilitados para cada prenda, coma se fose unha tenda (camisolas, zapatos, abrigos, chapeus…)

🪄 Non hai límite para coller, mais para traer pedimos un máximo de 10 prendas por persoa (temos espazo limitado para almacenar!).

✂️ Ademáis desta volta contaremos cun espazo de reparación de roupa, transformación de roupa vella noutras prendas, xunto cun recuncho artístico de estampación e bordado.

🍻 Lembra que será na Revolteira, así que, coma sempre, haberá espazo para socializar, sentarse e gozar da música e des amigues!

Se tes algunha dúbida sobre a actividade, activistas@amigasdaterra.net

Leave A Comment

Go to Top