Amigos da Terra colabora co Concello de Camariñas na posta en marcha do programa Fogares Verdes, unha campaña de educación e sensibilización ambiental fronte ao cambio climático, baseada na redución do consumo de enerxía, auga e transporte a nivel doméstico a través de pequenos xestos diarios.
Nesta terceira xuntanza achegarémonos aos diferentes sistemas de illamento e calefacción que podemos instalar nas nosas vivendas, analizando os materiais e tecnoloxías desde un punto de vista económico, ambiental e social.
E, ao ser a derradeira vez que nos xuntemos este ano, aproveitaremos para facer unha avaliación colectiva do programa, das actividades e dos logros acadados (ou non) polas familias participantes durante estes 5 meses.

Leave A Comment