Dende Amigos da Terra levaremos a cabo un roteiro polo río Loña na cidade de Ourense para coñecer o estado ecolóxico do mesmo e o seu contorno, ademais nos achegaremos ata o castro de San Tomé.
A xornada dará comezo ás 10.00 horas dende a explanada da Policia Nacional no barrio de As Lagoas, rematando a actividade ás 14.00 horas.
Para participar nesta saída precisaredes levar comida-picnic, auga, calzado cómodo, e tamén recomendámosvos levar prismáticos,cámara de fotos, caderno de campo e lapis.
Animárvos e apuntárvos a camiñar este día connosco!
Para máis información e inscricións poñervos en contacto nos enderezos electrónicos:
voluntariado.galicia@amigasdaterra.net e info@amigasdaterra.net ou no teléfono: 988 374 318

Leave A Comment