Saída polas ribeiras dos ríos da cidade de Ourense

Cargando eventos

Co gallo da conmemoración do 41 aniversario do Convenio Ramsar, un ano máis, en colaboración coa Aula de Natureza do río Miño da Concellería de Educación, a Concellería de Medio ambiente, e o naturalista Alberto Rivero Saeta querémosvos convidar á realizar unha saída polas ribeiras dos ríos da cidade ao seu paso polo concello de Ourense.

Data da saída: 5 de febreiro

Percorrido: polas ribeiras do Miño, do Loña e do Barbaña

Lugar de saída: Aula de Natureza do río Miño; paseo fluvial de Oira s/n, Ourense

Hora de saída: 16:00 horas

Tempo estimado: unhas tres horas, ata as 19:00 horas

Contacto: no correo voluntariado.galicia@amigasdaterra.net ou no 988 374 318 preguntando por Raquel

Data límite de inscrición: 3 de febreiro pola mañá

Leave A Comment

Go to Top