Roterio polos ríos da Comarca de Verín

Cargando eventos

Dende Amigos da Terra imos organizar para o sábado día 16 de xullo unha saída de ecovixías,

para detectar problemáticas ambientais e as desfeitas contra a natureza que se están a realizar

na zona comarca de Verín (Ourense). Faremos unha visita guiada polas ribeiras do Río Tamega

(LIC, Lugar de interese comunitario) e camiñaremos pola Veiga do Seixo e Río Mente para

observar o estado de conservación dun bosque autoctono de ribeira.

Data: sábado 16 de xullo.

Saída: 10h. desde a Explanada da comisaría de Policía en Ourense.

                 11 h na Praia Fluvial de Verín, ao caron da ponte

Regreso: ás 19h.

Que levar: a comida-picnic, roupa de abrigo ou chuvasqueiro, e calzado cómodo,

Tamén recomendamos prismáticos, cámara de fotos, un caderno de notas e lapis.

Data límite inscrición: 19:00 horas venres 15 de xullo (é necesario respectar esta data para que poidamos organizarnos nos coches que dispomos para ir).

Animádevos e apúntadevos poñéndovos en contacto con Amigos da Terra: 988.37.43.18 – 636528723 (Angel Dorrio) ou no email:

voluntariado.galicia@amigasdaterra.net

Leave A Comment

Go to Top