Roteiro medio ambiental polo río Miño

Cargando eventos

riominoAmigos da Terra xunto con Igualdade-Xuventude e Voluntariado do concello de Ourense, celebran unha xornada de voluntariado ambiental na que se tratará normativa básica do voluntariado e o fundamento do voluntario ambiental, impartido polo concello.

Logo da parte teórica e a partir das 18h., faremos un roteiro polas beiras do río Miño á altura do Paseo das Ninfas para detectar posibles agresións ambientais e danos que se producen ao medio ambiente ben, deliberadamente, de forma neglixente ou por descoñecemento total e cuia autoría é moi variada: dende as administracións ata o propio cidadán de a pe poden ser potenciais causantes de danos ao contorno ecolóxico do río Miño, neste caso.

Inscrición: gratuíta na Oficina Municipal de Voluntariado (Praza San Martiño, 2) ou no teléfono 988.388.154.

Leave A Comment

Go to Top