Repoboación forestal

Cargando eventos

O Grupo Scout ILEX levará este sábado 18 de febreiro 40 rapaces e rapazas a plantar árbores nesta zona que foi devastada por un incendio forestal no 2015, como xa fixo o ano pasado.

Como entidade colaboradora da actividade convidamos ás nosas voluntarias e voluntarios a participar. O punto de encontro será ás 10:50 na parada de buses do Parque de San Lázaro (Ourense) e iremos e voltaremos no transporte público.

A prantación durará unhas 2 horas aproximadamente e logo faremos unha pequena ruta ata o Mosteiro de Naves e temos previsto estar xa de volta as 18:30 horas. Durante a ruta pararemos a xantar (cada un traerá a súa propia
comida).

Agradecemos a vosa participación! E lembrade que no no caso de que teñades previsto asistir mandade un aviso a voluntariado.galicia@amigasdaterra.net para que poidamos facer cálculos. Traede roupa cómoda, botas e un chubasqueiro como precaución.

Leave A Comment

Go to Top