Reparto calendarios “Mulleres do Mar”

Cargando eventos

Amigas da Terra, en colaboración coa Asociación Mulleres Salgadas e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade repartirá de xeito gratuíto no Mercado de Vilagarcía o calendario “Mulleres do Mar”. Un calendario trimestral que contén:

  1. Ilustracións de peixes e mariscos coas tempadas de pesca e consumo de cada especie.
  2. Fotografías de 4 mulleres que traballan no sector pesqueiro, tanto en Galicia como en Nicaragua, onde Amigos da Terra desenvolve proxectos de cooperación con cooperativas acuícolas e pesqueiras.
  3. Información de interese sobre o sector pesqueiro en ambos os países e as principais problemáticas sociais e ambientais que enfrontan.
  4. Recomendacións para exercer un consumo de produtos pesqueiros máis consciente e responsable.

Leave A Comment

Go to Top