Reflexionando sobre o voluntariado europeo II

Cargando eventos

Continuamos ca nosa reflexión sobre o Servizo de Voluntariado Europeo (SVE)  ver en que podemos mellorar, que temos que cambiar, etc polo que vos convidamos a participar este mércores 18 ás 12:00 horas na Horta da Terra (*) para despois xantar todas xuntas.

Así que aínda que non participaras no SVE ou non sepas moi ben en que consiste, seguro que contribues a intelixencia colectiva da asociación!!! así que anímate a participar! as veces esa curiosidade da persoa que menos cree saber é a que máis aporta! E se tes participado, a túa experiencia será moi válida!!!

Agardámoste!!! e se ves, non te esquezas de avisarnos para que teñamos comida para ti!!! 🙂

(*)A horta da terra está na rúa dos Ponxos, no barrio do Polvorín
https://www.openstreetmap.org/?mlat=42.32657790184021&mlon=-7.871747016906738#map=16/42.3266/-7.8717&layers=N

Leave A Comment

Go to Top