
Invitámoste a participar nunha actividade Plastic Attack coa Sustinea que imos realizar xa este Sábado, o 16 de xuño. Estaremos no supermercado Eroski (Av. de Santiago, 19-21 – A ponte, 32001) Ourense pola mañana (11h-14h).
Baixo o lema “Plastic Attack”, convidaremos á cidadanía a revisar a súas compras e deixar no posto que habilitaremos, os plásticos excesivos e as embalaxes supérfluas que atopan na súa compra, para visibilizar o impacto que causa o exceso de plásticos no noso medio.
O obxectivo tamém será presionar aos supermercados para cambiar a súa actitude cara aos provedores que utilizan o exceso de plástico para empaquetar os seus produtos.

Leave A Comment