
Invitámoste a participar nunha actividade que imos realizar con motivo da Campaña de Educación Ambiental “Residuo Mínimo” (http://omorrazo.residuominimo.com/), que Amigos da Terra está a desenvolver na Mancomunidade de Concellos do Morrazo.
O 6 de xuño estaremos no supermercado Eroski (Eirado do Sinal) en Cangas e Gadis (Av. Montero Ríos) en Bueu.
Baixo o lema “Plastic Attack”, convidaremos á cidadanía a revisar a súas compras e deixar no posto que habilitaremos, os plásticos excesivos e as embalaxes supérfluas que atopan na súa compra, para visibilizar o impacto que causa o exceso de plásticos no noso medio.
O obxectivo tamém será presionar aos supermercados para cambiar a súa actitude cara aos provedores que utilizan o exceso de plástico para empaquetar os seus produtos.

Leave A Comment