O colectivo EsCuA, do que Amigos da Terra forma parte, convídavos a participar nas actividades de clausura da campaña de actividades VERÁNeARTE 2012 na cidade de Ourense
Ás 21:00 horas na praza de San Marcial Petiscada ecolóxica, organizada por Semente, asociación de consumo responsable da cidade de Ourense, e coa aportación de cabaciños e cebolas da horta que Amigos da Terra xestiona no Polvorín; será unha oportunidade para padalear suculentos petiscos elaborados con produtos de tempada, locais e ecolóxicos a prezos populares.
É como neste país ademais de comer ben tamén nos gusta gozar da boa música, ás 21:30 dará comezo o I Festival do Barbaña; un concurso aberto á participación de todas as persoas e colectivos que se animen a versionear e /ou interpretar cancións de hoxe e de sempre.
Baixo o título VERÁNeARTE 2012, o programa conta cunha ampla variedade de actividades como teatro, cine, música, danza, obradoiros, roteiros, contos, unha bicicletada e ata un sorprendente festival. Cabe destacar que todas elas son abertas e gratuítas, e a súa variedade é un reflexo da diversidade de asociacións e colectivos que conforman este espazo.


Leave A Comment