PARTICIPA: 10 de decembro: Día Internacional dos Dereitos dos Animais

Cargando eventos

cepos_pont

A Declaración Universal dos Dereitos dos Animais recolle no seu Preámbulo:

Considerando que todo animal posúe dereitos.

Considerando que o descoñecemento e desprezo dos devanditos dereitos conduciron e seguen conducindo ao home a cometer crimes contra a natureza e contra os animais.

Considerando que o recoñecemento por parte da especie humana do dereito á existencia das outras especies de animais constitúe o fundamento da coexistencia das especies no mundo.

Considerando que o home comete xenocidio e existe a ameaza de que siga cometéndoo.

Considerando que o respecto do home cara aos animais está ligado ao respecto dos homes entre eles mesmos.

Considerando que a educación implica ensinar, desde a infancia, a observar, comprender, respectar e amar aos animais.

Amigos da Terra celebra esta xornada de educación e sensibilización co respecto aos dereitos dos animais con diferentes actividades que se levarán a cabo en Vigo, Ourense e Pontevedra colaborando co grupo Libera e coa Protectora Os Palleiros.

En Vigo e Ourense proxectarase unha película e en Pontevedra darase unha charla, xunto con máis participantes da Protectora, no café Moderno ás 19.30h.

Relación de actividades:

A Coruña. O venres 10 e sábado 11 LIBERA repartirá información en varios puntos da cidade, con horario de mañá e tarde. (Depende da situación meteorolóxica)

Santiago de Compostela. Abeiro organiza unha proxección infantil no Centro Sociocultural O Ensanche o 11 de decembro, a partires das 11h, coa colaboración das Concellarías de Sanidade e Cultura. Tamén sortearán un apadriñamento da Fundación Refuxio de Animais de Bando.

Ferrol. Asociación COMETA dispoñerá mesas informativas no CC Dolce Vita de Narón e na cidade de Ferrol, o día 11 de decembro a partires das 11h.

Pontevedra. A protectora Os Palleiros organiza unha rolda de relatorios sobre o maltrato animal o venres 10 ás 19:30h, no Café Moderno de Caixa Galicia. O sábado 11 tamén ofrecen unha xornada lúdica para cativos, con contacontos, globoflexia e exhibición de adestramento canino en positivo no Colexio Campolongo, en horario de mañá.

Ourense. Amigos da Terra coorganiza xunto co Centro Cultural “Sem um Can”, situado na rúa do Vilar 9, a proxección do documental “Océanos de Plástico”, o venres 10 ás 20:30h.

Leave A Comment

Go to Top