“Os Tratados Secretos da Unión Europea”

Cargando eventos

Dende a Plataforma de Ourense Non ao TTIP, da que forma parte Amigos da Terra, organizase unha nova palestra co título: “Os Tratados Secretos da Unión Europea”.

Continuando ca campaña: “Concellos da Provincia de Ourense Libres do TTIP” que estamos a desenvolver, e despois do exito de público da charla do profesor Carlos Taibo, na que explicou en que consiste este Tratado Transatlantico e porque debemos paralo, o día 21 de abril xoves no Liceo as 20:00 h, recen chegada de Bruselas temos con nos a Eurodeputada Marina Albiol, para contarnos de primeira man como están a xestar dende o Consello Europeo, este Tratado que é un ataque aos dereitos sociais, laborais e ao medio ambiente.

Marina Albiol, portavoz da Delegación de Izquierda Plural no Parlamento Europeo, vai relatarnos porque este Tratado, que en palabras dos promotores do mesmo é unha oportunidade, na realidade é un pacto oscuro, entre a élite politica Europea neoliberal con representación nos gobernos e as multinacionais americanas apoiadas polo executivo dos EEUU.

160421 ttip

Leave A Comment

Go to Top