
A Coordinadora Eólica Así Non, da que Amigas da Terra forma parte xunto con máis de 200 colectivos, convoca á cidadanía galega a unha nova mobilización por unha transición enerxética xusta que permia á cidadanía recuperar a xesrtión do seu territorio e da súa enerxía
o domingo 23 de abril ás 12:00h
RODEAMOS A XUNTA
Edificio de San Caetano, Santiago de Compostela
Esixíndolle ao goberno galego:
- A denegación da autorización dos 77 macroproxectos eólicos con DIA favorable e pendentes de aprobación inminente por parte da Xunta
- A paralización inmediata doutros 150 proxectos eólicos aínda en tramitación que aínda non teñen DIA favorable
- Unha nova planificación eólica pública, ordenada e participada
- A restitución dos dereitos de participación pública usurpados polas leis de depredación
- A ampliación da Rede Natura galega e a preservación dos hábitats de elevado valor ecolóxico

Leave A Comment