“O activismo en bicicleta”. Ourense

Cargando eventos


No pasado cumio do cambio climático, dúas activistas de Amigos da Terra, Jana Nuñez e Agnes Csirmaz viaxaron durante semanas en bicicleta, xunto a compañeiros/as de outras organizacións na iniciativa “Marcha Soluciones al cambio climático” para chegar ata a zona de conferencias.

Aproveitando que o último xoves de cada mes a masa crítica de Ourense reúnese para reinvidicar o uso da bicicleta en Ourense, convidámosvos a participar nunha xornada festiva conxunta. Así, nun primeiro momento probarase e analizarse unha proposta de carril bici de Javier Barreal que se levará a mesa de mobilidade. E, posteriormente reunirémonos no bar O Renque para que a través dunha exposición lúdica e amena, Víctor Barro comparta a súa experiencia na COP ofrecendo unha visión crítcia do acordo de París e  Agnes comente a súa experiencia en bici na COP.

20:30  Subdelegación do Goberno saída da masa crítica para probar a proposta de  carril bici

21:30 Bar O Renque exposición da experiencia en bici na COP
160225 Bici

Leave A Comment

Go to Top