Mesa de intercambio de experiencias entre mulleres produtoras de Nicaragua e Galicia, para demostrar que na produción alimentaria outro modelo, baseado na ética, a xustiza social e o respecto polo medio é posible.
A situación da muller no campo, o funcionamento das cooperativas, a propiedade da terra, os mercados locais e de proximidade… serán algúns dos temas cos que buscaremos os puntos de encontro entre as dúas realidades.
PARTICIPAN:
-Lucila Blandón (Aldea Global, asociación de pequenas produtoras e produtores es de Nicaragua)
-Belén Fervenza (Horta do Cadaval, Sindicato Labrego Galego)

Leave A Comment