Dentro da campaña Mes da Sustentabilidade, Enxeñería Sen Fronteiras Galicia organiza unha mesa redonda na que se abordarán, entre outras cousas, os puntos controvertidos da nova Lei de Augas de Galicia, vixente dende finais de 2010. O obxectivo é achegar á poboación en xeral e máis concretamente á universitaria o debate que está tendo lugar (tamén no seo da asociación) sobre un tema clave dende o punto de vista social e ambiental como é a xestión da auga.
Co obxectivo de poñer algo de luz, aportar o maior número de opinións e tocar moitos dos puntos de vista que se están a dar no debate, ESF Galicia conseguiu reunir para este evento a algunhas das persoas máis implicadas nese debate e tamén a algúns expertos e organizacións que poden aportar novas visións:
- D. Francisco Menéndez, Presidente do Organismo Autónomo Augas de Galicia.
- D. Joaquín Suárez, Dr. Enxeñeiro de Camiños, profesor na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños e membro do GEAMA, Universidade da Coruña.
- D. Manoel Docampo, membro da dirección executiva do Sindicato Labrego Galego.
- Dna. Montse Valencia, asesora xurídica de Amigos da Terra
- D. Xosé Alfredo Pereira, Presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común.
- Representante da empresa privada de xestión e tratamento de augas.
A cita será o xoves, 31 de marzo de 2011 ás 16:00h na Sala de Grados 1 da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña (Campus de Elviña, s/n. 15.071 – A Coruña).

Leave A Comment