Marcha contra Celulosas

Cargando eventos

A rede de colectivos Galiza Non Se Vende apoia a marcha contra celulosas convocada para este vindeiro sábado día 11 ás 19:30 h. dende as alamedas de Marín e Pontevedra.

 

Rexeitamos unhas instalacións, as de ENCE-ELNOSA en Lourizán, que dende principios dos anos 60 do século pasado están contaminando dun xeito sobradamente probado a ría de Pontevedra cos seus vertidos, (no ano 2002 foron condenados por delito ecolóxico), emitindo mercurio e outros metais pesados, enchendo de gases e malos cheiros a atmosfera de Pontevedra e a súa bisbarra e almacenando en instalacións obsoletas grandes cantidades de cloro.

 

Máis información aquí

Leave A Comment

Go to Top