Manifestación Galicia Non Se Vende

Cargando eventos

banner06

A rede de colectivos cidadáns Galiza Non Se Vende convídavos a participar na manifestación que se celebrará o próximo 8 de maio en Compostela, as 12 horas saíndo da Alameda. Haberá concerto as 17 horas na Sala Nasa con Berrobambán, Guintervan e GalegoZ

Os 60 colectivos que a forman continúan a diario a loitar, resistir, traballar, arelar, formular, construír, informar, concienciar a favor da nosa terra e na procura de dignidade e equidade. Vente expresar con nós por unha Galiza mellor.

Sairán buses desde Vigo.

Pola tarde, ás 17:00 celebrarase un concerto na Sala Nasa, como peche a III Caravana de Galiza Non Se Vende. Acturán os grupos: Guintervan e GalegoZ presentado polo grupo de teatro Berrobamban. Entrada solidaria 5 €.



Apuntadevos canto antes respostando a este correo: duarteferrin@gmail.com

 

CONTRA O SAQUEO SOCIOAMBIENTAL DA NOSA TERRA

  • Por unha utilización racional dos recursos naturais
  • Pola protección do patrimonio natural e histórico
  • Por unhas rías limpas
  • Por uns ríos vivos
  • Pola defensa da nosa soberanía alimentaria
  • Por un litoral público e natural
  • Por un urbanismo integrado na natureza e na nosa cultura
  • Por uns montes ben xestionados
  • Pola participación da cidadanía na xestión do noso
  • Por unha xustiza incorruptible
  • Polo respecto ás outras especies e a protección real da natureza
  • Por un transporte colectivo eficaz
  • Por unhas alternativas enerxéticas públicas e conscientes
  • Por unha xestión responsable dos residuos
  • Polo fortalecemento do rural e a economía social na Galiza
  • VENTE EXPRESAR CON NÓS

Leave A Comment

Go to Top