Dende Amigos da Terra apoiamos a manifestación convocada polos sectores produtivos para o vindeiro sábado, 27 de febreiro en Compostela.
1. É unha Lei de filosofía neo-liberal, pensada para privatizar o mar, sen nengún tipo de restricións.
2. Está pensada para a industria acuícola -peixes- e posiblemente negociada con eles.
3. Elaborouse de costas aos sectores produtivos, grupos ecoloxistas, científic@s,…
4. O marco normativo pretende que compitan os sectores tradicionais coas multinacionais en base a criterios extrictamente económico-financieiros e tecnolóxicos, que son os criterios que explicita a Lei para outorgar
unha concesión.
5. Elimínase a necesidade dun informe previo de incidencia ambiental.
6. Permítese a ubicación de plantas acuícolas en
espazos naturais protexidos.
7. Elimínase a posíbel intervención dos concellos, declarando a supramunicipalidade.
8. Declárase de interese público polo que se poderá expropiar a franxa litoral que precisen as empresas.
9. Vaise producir unha degradación ambiental do mar e dos ríos como consecuencia dos contaminantes (produtos químicos, farmacolóxicos e materia orgánica), do cruce coas especies silvestres, do posíbel escape de especies foráneas (invasoras, exóticas,…), etc.


Leave A Comment